Charla sobre Educación Dixital no CEIP A Maia

A ANPA do CEIP A Maía convídavos a participar no obradoiro de educación dixital en ciberseguridade e privacidade nos menores conectados, impartido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. A sesión, que é de balde e non precisa inscrición previa, celebrarse o luns 16 de Marzo ás 16:00h na biblioteca do CEIP.   […]

A ANPA do CEIP A Maía presenta un escrito ao Concello de Ames deixando constancia do mal estado en que se atopan as instalacións do patio cuberto e do colexio

A ANPA do CEIP A Maía vén de presentar un escrito por rexistro municipal dirixido ao alcalde do Concello de Ames, Blas García, e á concelleira de Educación, Beatriz Martínez, no que se dá conta das deficiencias que presentan tanto o patio cuberto do colexio como o propio comedor. No devandito documento anéxase unha escolma […]

A ANPA do CEIP A Maía presenta un escrito á Consellería de Educación solicitando o urxente arranxo das graves deficiencias nos edificios do colexio

A ANPA do CEIP A Maía presentou onte no rexistro da Consellería de Educación un escrito dirixido ao conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González, solicitando o urxente arranxo das graves deficiencias estruturais que presentan as infraestruturas do noso colexio. As devanditas deficiencias están a causar problemas no acaído desenvolvemento da actividade […]

A ANPA do CEIP A Maía organizou un concerto de Pakolas dentro da festa de fin de primeiro trimestre do colexio

Seguindo a liña iniciada o pasado curso, a ANPA do CEIP A Maía organizou unha actividade especial, que se incluíu dentro do programa da festa de fin do primeiro trimestre do colexio. Desta volta, ofreceuse un concerto de Pakolas que puxo en escena o seu espectáculo ‘As máis molonas’. Así, tras a chocolatada que se […]