Comunicado RECIBOS DE EXTRAESCOLARES

Ola, moi boas!
Este mes de novembro pasarán os recibos das actividades extraescolares correspondentes ao mes de outubro e novembro, xa que nos foi imposible pasar o correspondente a outubro dentro do plazo correcto.
A partir do mes seguinte pasarán de un en un, entre o día 10-15 do mes en curso.
Sentimos as molestias que poidamos ocasionar por non haber avisado antes.
Calquera dúbida poñédevos en contacto con nós, preferiblemente a través do correo electrónico, posto que o teléfono non sempre o podemos atender.
Grazas. Un saúdo!

Biblioteca para Nais e Pais

Biblioteca para pais-nais ceip a maia

Información AXUDAS (material infantil)

 

Video promo “Estrelas do Rock”

Boas a todxs! 🙂
Temos 4 alumnas que hoxe participan na final do concurso da Diputación de A Coruña “Quero cantar”. Subimos á web do centro o seu vídeo promocional, animámovos a que o vexades.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/?q=node/592
Saúdos

Convocatoria asemblea outubro 2017

CONVÓCASE a todos os pais, nais e titores d@s alumn@s do CEIP A Maía, socixs e non socixs: A S E M B L E A XERAL O R D I N A R I A

Data: Xoves, 26 de Outubro de 2017
Hora: 16.30 (Primera convocatoria)
17.00 (Segunda convocatoria)
Lugar: Biblioteca do edificio de Primaria (pranta baixa)

ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Informe de de contas e de actividades para o curso 17/18
  3. Incorporación de socios á xunta directiva e ao grupo de voluntarios de biblioteca
  4. Rogos e preguntas

PRÉGASE ASISTENCIA

SERVIZO DE GARDERÍA: Haberá un monitor de Biosbardos na cancha lateral de primaria, para atender aos fillos e fillas dos asistentes á asamblea.

A Xunta Directiva

  • Descargar información aquí

Aviso: cambio de email de contacto ANPA

Boas.

Comunicamos que o novo email de contacto da anpa será o seguinte:

anpaceipamaia.ames@gmail.com

Grazas. Un saúdo.