Volve o Teatro Miudiño CEIP A Maía

Por segundo ano o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CEIP A Maía en colaboración coa ANPA pon en funcionamento o grupo do Teatro Miudiño.

Esta actividade de teatro vai dirixida ao alumnado de Educación Primaria do centro, tanto se acude a comedor como se non. A actividade será de balde e impartida por profesorado do centro coa axuda de membros da ANPA.

A actividade, que se desenvolverá os luns de 15:30 a 16:30 horas, ten como finalidade representar unha pequena peza teatral que será posteriormente representada por eles na Casa da Cultura de Bertamiráns o día de Rosalía de Castro (23 de Febreiro).

O inicio da actividade será o luns día 2 de Novembro.

Queremos agradecer, un ano máis, ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega esta iniciativa xa que consideramos que é una oportunidade excepcional para mellorar as habilidades de comunicación, memoria e creatividade do alumnado, así como empatía e autoconfianza ao mesmo tempo que pasan un rato divertido co grupo de iguais.

A inscrición realizarase a través da seguinte ligazón ata o próximo luns, día 26 de Outubro:

https://forms.gle/hjVMeU3CeNEFjV6t6

Esperamos a vosa participación!!!