Dende o CEIP a Maía solicitamos colaboración para unha recollida solidaria de produtos de nadal e de hixiene persoal.
Poden depositarse na conserxería do centro até o venres 20 pola mañá.
Forma parte dunha campaña do Concello de Ames, que rematará cunha andaina solidaria en favor do Banco de Alimentos Municipal. A andaina realízase o venres 20 de decembro ás 17:30h.