Proposta de actividades extraescolares da ANPA CEIP A Maía para o curso 2026-2027

Esta é a proposta de actividades extaescolares ofertado pola ANPA do CEIP A Maía para este novo curso 2026-2027. Recordade que a oferta definitiva quedará configurada con aquelas actividades que acaden un cupo mínimo de estudantado establecido polas empresas que prestan os servizos.

A proposta inclúe as seguintes actividades:

  •  Inglés (I e II)
  • Francés
  • Xadez
  • Teatro (non é o Teatro Miudiño que desenvolve o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A Maía)
  • Patinaxe
  • Fotografía
  • Manualidades
  • Robótica
  • Debuxo
  • Baloncesto
  • Fútbol sala mixto
  • Predeporte (A actividade finaliza ás 17:20, polo que ten unha duración de 50 minutos)

Nos vindeiros días recibiredes por Abalar un formulario para facer a inscrición nas actividades.

Lembrámosvos que a matrícula é de balde para aquelas familias que sexan socias da ANPA do CEIP A Maía. Para as que non estean asociadas, o custo será de 20€. A cada recibo mensual sumarase 1 € a maiores do prezo da/s actividades en concepto de gastos de xestión bancaria.

Se tedes calquera dúbida, podedes contactar coa ANPA do CEIP A Maía a través do teléfono 696 482 275 ou no e-mail anpaceipamaia.ames@gmail.com.