O Pazo da Peregrina acolle o 20 de marzo unha charla ‘Trastornos do neuro desenvolvemento’

CharlaFoltraANPAAMaia

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acollerá o vindeiro mércores 20 de marzo a charla titulada Trastornos do neuro desenvolvemento. Sinais de alarma e abordaxe terapéutico. Esta iniciativa, organizada pola Fundación Foltra en colaboración coas ANPAS de A Maía, Agro do Muíño e Barouta, terá lugar ás 18.00 horas e a entrada é de balde.

Durante esta sesión, profesionais da Fundación Foltra ofrecerán nocións sobre o desenvolvemento do cerebro da cativada. Prestarase especial atención a como afecta a continua estimulación á que se ve sometido e como a contorna na que se desenvolve o/a cativo/a. Neste senso, explicarase que son os trastornos do neuro desenvolvemento, cales son os principais tipos, como se realiza a súa valoración e que tratamento se debe aplicar a cada un deles.

Desde a ANPA A Maía animámoste a asistir a esta interesante charla que, de seguro aclarará moitas dúbidas que as mamás e papás temos con respecto ao desenvolvemento cerebral dos nosos fillos e das nosas fillas.