O CEIP A Maía organiza para o vindeiro luns 31 de marzo ás 16.30 horas unha a Charla para Familias: ‘Uno Saudable das Novas Tecnoloxías desde Infantil a Primaria’. A sesión desenvolverase nas instalacións da biblioteca do centro e está aberta á toda a comunidade educativa.
A actividade será impartida polos co-fundadores de CoidadosAmente, Belén Montesa Lou e Juan Carlos Permuy. Ambos os dous son grandes referentes dentro do eido da saúde mental infantoxuvenil. Entre os aspectos que tratarán nesta sesión, atópanse aspectos como o impacto que as novas tecnoloxías teñen na formación cerebral das nosas crianzas, ou o impacto que estas teñen no seu desenvolvemento social. Do mesmo xeito, axudarannos a establecer certos patróns que poden contribuír a que as nosas fillas e fillos establezan uns patróns acaídos no tocante ao uso deste tipo de ferramentas que, se ben resultan útiles, deben ser usadas baixo certos criterios.
Desde a ANPA animámosvos a que asistades a esta charla, que, sen dúbida, vos axudará a optimizar o uso das novas tecnoloxías durante a infancia dos vosos fillos e fillas. Ademais, teredes a oportunidade de plantexar todas as vosas dúbidas a dous expertos na materia. Agardámosvos!