Bos días:
Iníciase hoxe día 07/09/2023 a matrícula nas actividades da anpa para o curso 2023/2024.
O calendario de actividades para consultar figura no páxina da ANPA.
Para a matrícula, deberase de cumprimentar o formulario que atoparedes na seguinte ligazón :
https://forms.gle/DqauDmHpMhnQ8Fnj9
INSTRUCCIÓNS:
1. Unha vez enviado o formulario, o estudante xa quedaría matriculado na actividade, pero será preciso cumprimentar a folla de matrícula e depositala no buzón da ANPA situado na porta principal para poder realizar o pago das actividades
2. Farase un grupo de whatsapp que se utilizará únicamente para envío de avisos que teñan que ver coa mesma.
3. O PRAZO DE MATRÍCULA FINALIZARÁ O DIA 14 DE SETEMBRO e inicio das actividades será o día 2 de Outubro, salvo incidencias puntuais que serán informadas debidamente.
4. Non é necesario ser socio da ANPA para poder anotarse ás actividades, pero as familias que non sexan socias terán que pagar 20 euros en concepto de matrícula.
5. As baixas é necesario comunicalas mediante envío dun correo electrónico a seguinte conta :
anpaceipamaia.ames@gmail.com .
Deben comunicarse antes do día 20 do mes en curso para que non se cargue en conta a mensualidade seguinte.
Os prezos finais confirmaranse nos próximos días, pero a priori mantéñense os mesmos que tiveron as actividades durante o pasado curso.
Tamén se pode descargar aquí a información.