INFORMACIÓN sobre ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2021/22

Boas a todxs!

Queremos informar que dende a ANPA estamos a traballar para dar a coñecer en breve as actividades extraescolares que se van a ofertar durante este curso escolar.

A intención é poder ofrecer actividades como: patinaxe, atletismo, hockey, teatro, inglés, xogos de patio, teatro, guitarra e outras. Pero polo momento non podemos confirmalas, ata ter a garantía de  facelo aplicando todas as medidas de seguridade que a situación de pandemia actual require.

Esperamos poder facelo á maior brevidade.

Moitas grazas.