Benqueridas familias:
Queremos agradecer a vosa colaboración na recadación económica destinada ao pobo ucraíno, feita a través da venda dos “broches do corazón” elaborados polo alumnado dos grupos de quinto de primaria no servizo do comedor escolar.
Grazas a dita recadación puidemos doar a cantidade de 875 euros a Cruz Vermella e así aportar o noso pequeno gran de area para axudar na emerxencia que se vive na actualidade en Ucraína.
Atentamente,
Anpa do Ceip A Maía