FELIZ VERÁN!

Dende a anpa queremos desexar a toda a comunidade educativa un feliz verán!

Sabemos que foi un ano complicado, no que cada quen puxo o seu esforzo persoal para conseguir que o curso escolar marchara con relativa normalidade, dentro da situación de pandemia que ainda estamos a vivir. Tanto profesorxs como nais, pais, persoal de limpeza e mantemento, monitores, responsables do centro, e en xeral todxs os membros da comunidade escolar demos o mellor de nós para que se puidera dar continuidade, entre outras cousas, á educación a varios niveis das nosas rapazas e rapaces.

E é a elxs a quen queremos mencionar de xeito especial: acataron as normas, relacionáronse de xeito limitado agochadxs tras unha mascarilla, estudaron, traballaron, xogaron, compartiron momentos, malia todo.

Puxeron de manifesto, unha vez mais, a madurez e responsabilidade que ten a nosa infancia. Sen perder o sorriso.

Noraboa.

Sen mais, cos mellores desexos a todxs.

Feliz verán!! 🙂