Unha vez finalizado o período de matriculación, o calendario definitivo de extraescolares ofertado pola ANPA do CEIP A Maía queda fixado para as seguintes actividades (que obtiveron o cupo mínimo de alumnado):
- Inglés (I e II)
- Francés
- Xadez
- Patinaxe
- Fotografía
- Manualidades
- Robótica
- Debuxo
- Patinaxe
A petición das familias, realizouse unha modificación no horario da clase de Raqueta, que pasaría a ser os xoves de 16.00 a 16.50 horas. As persoas interesadas deberán formalizar xa a súa matrícula para que se poida levar a cabo a actividade, porque a súa realización dependerá de se existe o mínimo de prazas reservadas.
Lembrámosvos que a matrícula é de balde para aquelas familias que sean socias da ANPA do CEIP A Maía. Para as que non estean asociadas, o custo será de 20 €. A cada recibo mensual sumarase 1 € a maiores do prezo da/s actividades, en concepto de gastos de xestión bancaria.
Se tendes calquera dúbida, podedes contactar coa ANPA do CEIP A Maía a través do teléfono 696 482 275 ou no e-mail anpaceipamaia.ames@gmail.com.
