Queridas familias do CEIP A Maía:
Dende a ANPA queremos informarvos da celebración da primeira Asamblea do curso 23/24 o Mercores día 20 no Pazo da Peregrina.
Esperamos contar coa vosa asistencia e participación na vida da Nosa Escola e así poder escoitar as vosas opinións e iniciativas en aras de mellorar a convivencia das nosas fillas e fillos.
A primeira convocatoria será as 18:30 e a segunda às 19. Haberá un monitor para o coidado dos nenos que o precisen durante a Asamblea
Tamén queremos facer un pequeno acto de benvida para as familias que se incorporan ao centro este ano, ó finalizar a Asamblea, no mesmo Pazo da Peregrina, sobre as 20:00h.
Pregamos confirmación de asistencia a través de WhatsApp do teléfono da ANPA, para axustar o aforo e os pinchos o mellor posible.
Recordade que entre todos é a mellor forma de organizar a Nosa Escola!
Gracias!