Aberta a participación na actividade de teatro do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A Maía!

actor-6733460_1280

Dende a Anpa queremos presentarvos e animarvos a participar nunha iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio.

Trátase dunha actividade de teatro que se levará a cabo no propio centro os luns, de 15.30 a 16.30 horas. Nela prepararase unha pequena obra, que será posteriormente  representada por eles na Casa da Cultura de Bertamiráns o día 23 de Febreiro, coincidindo co Día de Rosalía de Castro.

Está dirixida a todo o estudantado, dende infantil ata primaria, tanto se participan o servizo de comedor coma se non. A actividade será gratuíta, xa que será impartida por profesorado do centro coa axuda dos membros da ANPA.

O inicio da actividade será o luns día 10 de Novembro.

Queremos agradecer ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega esta iniciativa xa que consideramos que é una oportunidade excepcional para mellorar as habilidades de comunicación, memoria e creatividade do alumnado, así como empatía e autoconfianza ao mesmo tempo que pasan un rato divertido co grupo de iguais.

A inscrición realizarase a través da seguinte ligazón ata o próximo luns, día 3 de Novembro:

https://forms.gle/hjVMeU3CeNEFjV6t6

Esperamos que aos vosos fillos e fillas lles apeteza participar!!!