A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o xoves 29 de febreiro unha charla gratuíta sobre o uso das pantallas

charla EDIXGAL AMES
A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o vindeiro xoves 29 de febreiro ás 18.00 horas a charla gratuita As pantallas a debate: o papel de Edixgal no desenvolvemento das competencias do alumnado. A sesión, organizada pola FANPA Compostela, será impartida por Fernando Fraga Varela, especialista en tecnoloxía educativa e membro do grupo de investigación Stellae da USC.
Entre os aspectos que se tratarán nesta actividade gratuíta salientan os pros e pros e contras da plataforma Edixgal, así como a súa incidencia ou non, na aprendizaxe do alumnado e no desenvolvemento da competencia dixital.
Se queres asistir a esta sesión, deberás inscribirse a través do formulario dispoñible nesta ligazón: https://forms.gle/vKqKMaHPKLrmgijL6. Para facilitar a asistencia a esta charla, ofrecerase un servizo de ludoteca, previa solicitude. Podes consultar máis información premendo aquí.