A ANPA do CEIP A Maía pon en marcha unha nova edición do servizo de cambiador

A ANPA do CEIP A Maía volve a poñer á disposición das familias de 4º de Educación Infantil un servizo de cambiador gratuíto. O devandito servizo é posible grazas á colaboración do Concello de Ames coa ANPA e ten como principal obxectivo axudar á conciliación familiar.

O servizo de cambiador estará dispoñible durante o primeiro trimestre do curso escolar e será de balde para as familias que o soliciten. Estará dispñible a partir do vindeiro luns 15 de setembro.

Para facer uso do servizo de cambiador, as familias deberán cubrir o formulario dispoñible na seguinte ligazón: https://forms.gle/WjVLuJvXMv9jJDtL7. Débese dar autorización expresa para que os/as alumnos/as poidan ser mudados/as de roupa.

Cómpre lembrar que non poderá ser mudada de roupa ningunha crianza que non teña a autorización asinada.

Como funciona o servizo de cambiador?

Se ó longo da maña algún/ha alumno/a precisa ser mudado/a, o profesorado avisará ás familias, e as propias familias serán as encargadas de chamar ao Servizo de Cambiador para que acudan ao centro. O teléfono de contacto do Servizo de cambiador será enviado por Abalar nos vindeiros días.

Para calquera dúbida, pódese contactar directamente coa ANPA a través do teléfono 696 482 275.