A ANPA do CEIP A Maía ofrecerá o vindeiro 19 de decembro un Concerto Didáctico de A Casa do Rock para o alumnado do centro. Esta actividade incluirase dentro da xornada de chocolatada coa que se despedirá o primeiro trimestre no colexio.
O Concerto Didáctico de A Casa do Rock -centro de formación e produción musical localizado en Santiago- traerá ao CEIP A Maía catro dos seus profesores que, a través de grandes éxitos, realizarán un repaso á evolución da música ao longo do tempo: desde Elvis Presley ata as Tanxugueiras. Así, o alumnado de Educación Infantil e Primaria gozará dunha hora de sesión musical na que se achegarán grandes singles deste xénero.
Aínda que se pode dar algunha modificación, a setlist prevista para o Concerto Didáctico de A Casa do Rock será a seguinte:
- Neil Young: Forza para un mundo libre/Keep on Rockin’ in the Free World
- White Stripes: Seven Nation Army
- Elvis Presley: Jailhouse Rock
- Scorpions: Rock You like a Hurricane
- Tanxugueiras: Terra
- Jerry Lee Lewis: Great Balls of Fire!
- Little Richard: Tutti Frutti
- Maneskin: Beggin
- Queen: We Will Rock You
- Imagine Dragons: Believer
- ACDC: Highway to Hell
Desde a ANPA do CEIP A Maía animámosvos a poñerlle estas cancións ás vosas crianzas de cara á súa asistencia ao Concerto Didáctico do vindeiro día 19 de decembro.
Esta iniciativa é posible grazas á colaboración do CEIP A Maía, a través do departamento de actividades complementarias, ademais de contar co apoio do Concello de Ames e da Deputación de A Coruña para a súa financiación.