A ANPA do CEIP A Maía incorpora baile, predeporte e karate ás actividades extraescolares para o curso 2024-2025

CartelActividadesExtraescolaresANPACEIPAMAIA

A ANPA do CEIP A Maía xa ten o calendario provisional de actividades extraescolares para o vindeiro curso 2024-2025. Na procura sempre de cubrir as necesidades das familias, incorporaranse tres novas disciplinas: baile, predeporte e karate.

As actividades desenvolveranse de luns a venres, principalmente en horario de 16.00 a 17.30 horas, favorecendo, deste xeito, a conciliación laboral e familiar. O horario provisional de actividades é o seguinte:

HORA/DÍA LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
16.00-16.45 h GUITARRA BONJOUR PARÍS
XADREZ
16.30-17.30 h FUN ENGLISH (1) PATINAXE FUN ENGLISH (2) PREDEPORTE ROBÓTICA
BALONCESTO KARATE (1) RAQUETA BAILE TRADICIONAL DEBUXO
DANZA/BAILE PATINAXE
17.30-18.30 h KARATE (2)

 

Por idades, as actividades distribuiríanse do seguinte xeito:

Educación Infantil:

  • Fun English (1)
  • Karate (1)
  • Predeporte

Educación Primaria:

  • Guitarra
  • Baloncesto
  • Xadrez
  • Fun English (2)
  • Raqueta
  • Baile tradicional
  • Debuxo
  • Bonjour París
  • Karate (2)
  • Robótica

Posibilidades de facer grupo de Infantil e grupo de Primaria (dependendo do número de crianzas matriculadas):

  • Danza/baile
  • Patinaxe

A matrícula para as actividades comezará a principios de setembro. Lembrade que se require dun grupo mínimo para poder desenvolver as actividades. De non chegar ao mínimo de alumnado, a actividade será cancelada. O prezo das clases variará en función do número de alumnas e alumnos que se inscriban.

A matrícula para familias asociadas á ANPA é gratuíta (a cota anual é de 20 €). Para as familias non asociadas a matrícula é de 20 €. Se vos asociades, poderedes gozar de todas as vantaxes que vos reporta estar na ANPA. Podedes descargar o formulario de alta para socios/as aquí.

Ademais das variadas propostas que se ofrecen, outra das vantaxes é que tentamos favorecer a conciliación laboral e familiar con actividades ás que as vosas fillas e fillos serán levadas/os directamente desde o comedor polo monitorado deste servizo.