A ANPA A Maía está a ultimar todos os preparativos para celebrar a súa Festa de Fin de Curso e anima a toda a comunidade educativa a gozar dunha tarde chea de actividades. A cita terá lugar o venres 21 de xuño de 17.00 a 20.00 horas na contorna do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.
As crianzas, que deberán estar sempre acompañadas por unha persoa adulta, terán á súa disposición 3 inchables, obradoiros de tatuaxes, chapas, pulseiras e globoflexia, con monitorado encargado de aprenderlles os segredos destas manualidades. Non faltará tampouco a maxia, que correrá a cargo de Charly Braun. Como colofón, ofrecerase tamén unha animada actuación musical.
Vasos reutilizables
Como novidade de este ano, poranse a disposición das persoas asistentes vasos reutilizables con cordel coa fin de reducir os resíduos. Para poder utilizalos cómpre achegarse ao posto que a ANPA no recinto do Pazo da Peregrina e entregar unha fianza de 1 euro, que se devolverá unha vez se entregue de novo o vaso. Animámosvos a contribuír ao coidado da nosa contorna!
Esta iniciativa é posible grazas á colaboración de diversas empresas e entidades do municipio. Así, a Festa de Fin de Curso da ANPA A Maía conta co apoio do Concello de Ames, ademais da colaboración de XEA (Xuntanza de Empresarios de Ames); Supermercados Froiz, Feiraco, Milongas, D’Mella Electrodomésticos, A Mona Ramona, Carlin, Biosbardos, Bar O Recreo, Papelería Chavián e Gráficas SMT. Moitas grazas por facer posible esta gran celebración!