Felices Festas!!

Felices Festas!!

A directiva da anpa  deséxalle un Bo Nadal a toda a comunidade educativa do Ceip a Maía, renovando os nosos propósitos para mellorar na educación e continuar traballando polos nenos e nenas da Maía.

Recollida solidaria de produtos de nadal e de hixiene persoal

Dende o CEIP a Maía solicitamos colaboración para unha recollida solidaria de produtos de nadal e de hixiene persoal. Poden depositarse na conserxería do centro até o venres 20 pola mañá. Forma parte dunha campaña do Concello de Ames, que rematará cunha andaina solidaria en favor do Banco de Alimentos Municipal. A andaina realízase o […]

Convocatoria de folga e servizos mínimo 12/12/2019

A convocatoria de folga afectará ao persoal docente, e desenvolverase dende as 00.00 horas ata as 24.00 horas do 12 de decembro de 2019. Establécense uns servizos mínimos, dado quue o centro permanecerá aberto no seu horario habitual. Máis información na web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/

Aviso importante!!!

Aviso alerta laranxa martes 26 Por mor da alerta laranxa establecida dende as 14h do día martes 26 ata as 00:00 do día 27, suspéndense as actividades extraescolares ao aire libre. En consecuencia non haberá clase de Atletismo. Máis información aquí.