ENQUISA ACTIVIDADES ANPA

Desde a ANPA solicitamos a vosa colaboración para mellorar a oferta de actividades extraescolares para o curso académico 2022/ 2023 e adaptala aos intereses do alumnado.

A través do enlace que figura a continuación, cúbrese un formulario para identificar cales son as actividades que resultan de máis interés, e así poder dirixir o noso esforzo en dar resposta á vosa demanda. Tamén figura un apartado en branco para aportar novas ideas.

Esperamos poder ofrecervos un calendario provisional para o 2022/ 23 durante este próximo mes de Xuño en aras de facilitar a organización da conciliación do próximo curso. Por este motivo solicitamosvos que cubrades a enquisa o antes posible.

Pódese cubrir unha por cada filla ou fillo matriculada no CEIP A Maía

https://forms.gle/xwkNsycMdaKz6TLz8

Moitas grazas pola vosa colaboración!