Grazas e bo vran!! :-)

Todxs los que formamos a directiva da anpa Ceip a Maia queremos agradecer a toda a comunidade educativa o esforzo levado a cabo dende que se decretou o Estado de Alarma.

Recoñecemos o e esforzo dos nosos fill@s, e estamos orgullosos das familias que forman parte desta asociación e do esforzo que para elas supuxo esta situación sin precedentes.

Chegou o final do curso e con moitas dúbidas de como vai ser o próximo curso 2020/21, dende esta anpa estamos dispostos a colaborar coas medidas que se poidan adoptar de cara ó curso que sexan as máis favorables para o benestar de toda a comunidade educativa, a Anpa velará pola seguridade dos nenos e nenas do Colexio.

Queremos tamén facer unha mención especial para os alumnos de 6° que rematan a súa andadura por primaria para seguiren a súa formación no IES, e que pola situación do Estado de Alarma non pudieron disfrutar da merecida excursión de fin de curso e así poder despedirse dos seus compañeir@s e mestr@s.

Tamen estamos apenados por non poder realizar a festa de fin de curso como se viña facendo en anos anteriores, aprazándose para o vindeiro curso.

Grazas e volveremos, desfrutade das vacacións e moita saúde.