Recollida solidaria de produtos de nadal e de hixiene persoal

Dende o CEIP a Maía solicitamos colaboración para unha recollida solidaria de produtos de nadal e de hixiene persoal.

Poden depositarse na conserxería do centro até o venres 20 pola mañá.

Forma parte dunha campaña do Concello de Ames, que rematará cunha andaina solidaria en favor do Banco de Alimentos Municipal. A andaina realízase o venres 20 de decembro ás 17:30h.