Benvida ao curso 2020 / 2021

Estimadas Familias:

Desde o ANPA queremos darvos a benvida a un novo curso escolar no CEIP A MAIA, esta vez dentro desta nova normalidade. Lembrámovos que estamos á vosa disposición para resolver dúbidas e axudarvos no que podamos en beneficio da mellor educación dos nosos fillos/ as. (Recomendámosvos que realicedes as consultas preferentemente a través de whatsapp e correo-e).

IMPORTANTE: A causa das circunstancias especiais que estamos vivindo, este ano non será posible facervos chegar información en papel.

Información de interese:

Alta de socio/a da ANPA

Dispoñedes de follas de inscrición aquí na nosa web, para os/as que queirades facervos socixs da ANPA. Animámosvos a facervos socios/as, xa que isto nos permitirá ser mais fortes, plurais e representativxs.

Folla inscrición socio/as anpa 2020-21

Actividades extraescolares 2020 / 2021:

Comunicado das ANPAS de Ames sobre Actividades Extraescolares

 

Estatutos:

 

Saúdos, e benvidxs ao novo curso 🙂

 

Directiva Anpa Ceip A Maía

Avenidada da Peregrina, 37 15220 Bertamiráns – Ames

Tfno: 696.482.275

Email: anpaceipamaia.ames@gmail.com

Web: www.anpa-maia.es

Grazas e bo vran!! :-)

Todxs los que formamos a directiva da anpa Ceip a Maia queremos agradecer a toda a comunidade educativa o esforzo levado a cabo dende que se decretou o Estado de Alarma.

Recoñecemos o e esforzo dos nosos fill@s, e estamos orgullosos das familias que forman parte desta asociación e do esforzo que para elas supuxo esta situación sin precedentes.

Chegou o final do curso e con moitas dúbidas de como vai ser o próximo curso 2020/21, dende esta anpa estamos dispostos a colaborar coas medidas que se poidan adoptar de cara ó curso que sexan as máis favorables para o benestar de toda a comunidade educativa, a Anpa velará pola seguridade dos nenos e nenas do Colexio.

Queremos tamén facer unha mención especial para os alumnos de 6° que rematan a súa andadura por primaria para seguiren a súa formación no IES, e que pola situación do Estado de Alarma non pudieron disfrutar da merecida excursión de fin de curso e así poder despedirse dos seus compañeir@s e mestr@s.

Tamen estamos apenados por non poder realizar a festa de fin de curso como se viña facendo en anos anteriores, aprazándose para o vindeiro curso.

Grazas e volveremos, desfrutade das vacacións e moita saúde.

1 2 3 9