O alumnado do CEIP A Maía gozou dun concerto didáctico para despedir o primeiro trimestre
A ANPA do CEIP A Maía ofreceu onte un concerto didáctico para o alumnado como colofón ao final de trimestre. O patio cuberto acolleu un sesión musical na que profesorado de A Casa do Rock realizou un divertido repaso a grandes éxitos deste xénero. O alumnado de Educación Infantil e Primaria non deixou de bailar […]
Consulta as principais modificacións no regulamento da Rede Municipal de Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas
O Concello de Ames vén de iniciar o período de exposición pública da modificación do Regulamento da Rede Municipal de Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas. O documento pódese consultar aquí e estará exposto ata o 2 de xaneiro, prazo no que se poden enviar opinións e suxestións ao enderezo electrónico natalia.quinteiro@concellodeames.gal. As […]
A ANPA do CEIP A Maía desenvolve un proxecto solidario con centros escolares afectados pola DINA en Valencia
A ANPA do CEIP A Maía vén de desenvolver unha iniciativa solidaria con centros escolares afectados pola DINA en Valencia. Baixo o nome de Cartas Viaxeiras, o alumnado do colexio -tanto de Educación Infantil coma Primaria- traballou na elaboración de creatividades e mensaxes de ánimo para escolares de colexios afectados pola catástrofe natural. Esta iniciativa […]
A ANPA do CEIP A Maía ofrecerá o día 19 de decembro un Concerto Didáctico de A Casa do Rock para o alumnado como despedida do primeiro trimestre
A ANPA do CEIP A Maía ofrecerá o vindeiro 19 de decembro un Concerto Didáctico de A Casa do Rock para o alumnado do centro. Esta actividade incluirase dentro da xornada de chocolatada coa que se despedirá o primeiro trimestre no colexio. O Concerto Didáctico de A Casa do Rock -centro de formación e produción […]
Anímate a formar parte do Consello Escolar do CEIP A Maía
O Consello Escolar do CEIP A Maía ten abertas as solicitudes de candidaturas ata o 8 de novembro para nais e pais que queiran formar parte deste organismo. Establécense un total de 4 vogalías dirixidas a proxenitores do alumnado do centro. Desde a ANPA CEIP A Maía animámoste a que presentes a túa candidatura ao […]