CIRCULAR INFORMATIVA 1/2015

Asunto: Servizo de transporte escolar e seguridade viaria na zona escolar de Bertamiráns

Na asemblea extraordinaria da ANPA do IES Plurilingüe de Ames celebrada o 16/12/2014 púxose de manifesto o descontento de moitos país e nais de alumnos/as daESO afectados pola escasez de prazas de transporte escolar, debido o incremento do alumnado e o non incremento dos autobuses. O alumnado que vive a menos de 2 Qm. docentro escolar,que viña disfrutando do uso do transporte, este ano vese na obriga de asistir ao centro camiñando.

A este respecto, a normativa que regulaa xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2014-2015, se ben establece que será usuario do transporte escolar gratuíto o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior aos 2 Qm, tamén contempla que poderán facer uso do servizo de transporte, se ben condicionado á existencia de prazas vacantes, o alumnado de ensino obrigatorio, FP Básica e segundo ciclo de ensino infantil cuxo domicilio estea situado a unha distancia do centro escolar inferior a 2 qm e superior a 1qm en zona urbanizada e 500 metros en zona non urbanizada.

Exposto o que antecede, aprobouse por esta ANPA iniciar actuacións cos departamentos correspondentes da Xunta de Galicia para trasladar este problema e solicitar un incremento de lineas de transporte, para que o alumnado poda acceder ao centro en autobús,atendendo a situación xeográfica do mesmo,pois atopase en descampado e alonxadodo casco urbano, véndose expostos  as adversas condicións metereolóxicas,(chuvia, vento..)

 

Dado que este é un problema que consideramos que de forma xeral nos afecta a todos, xa que no caso dos alumnos/as de Primaria aínda que agora dispoñan dese servizo, nun futuro próximo, cando pasen ao Instituto, moitos veranse privados del e polo tanto afectados, convidouse a sumarse a esta iniciativa ás demais ANPAS dos colexios que están na área de influencia deste Instituto (CEIP A Maía, Agro do Muíño e Barouta), que manifestaron o seu interese en sumarse á mesma. Polo tanto infórmolle que as actuacións que se desenvolvan sobre esta problemática serán conxuntas das catro ANPAS.

Finalmente e de forma complementaria, tamén se aprobou o desenvolvemento de actuacións orientadas a mellorar a seguridade viaria no tramo de estrada que afecta á área escolar na que se sitúan o IES e o CEIP  A Maía (instalación de bandas sonoras, pasos de cebra elevados, semáforos ou outras sinalizacións luminosas de perigo, maior presenza policial nas horas punta de entrada e saída, mellorar o acondicionamento das zonas de embarque aos autobuses, etc), a tratar coas administracións competentes en cada caso.

De conformidade co exposto, e previamente ao desenvolvemento de calquera actuación coas Administracións Públicas, precisamos recadar o apoio de todos os pais e nais que así o consideren, ben por ser afectados directamenteou potenciais afectados nun futuro inmediato, ou sinxelamente porque o consideren unha demanda razoable e como membros das ANPAS (e polo tanto interesados) a queiran apoiar, polo que lle agradecemos que, no caso que así o estime, cubra a ficha adxunta e a remitaantes do 13 de febreiro á súa ANPA.

Bertamiráns, a 02 de Febreiro de 2015

 

 

Asdo. Os/As presidentes/as das ANPAS dos centros educativos:

IES Plurilingüe de Ames, CEIP Agro do Muíño, CEIP A Maía e CEIP de Barouta

 

 

 

 

 

CUBRIRASE UNHA FICHA POR FAMILIA

CASO DE TER FILLOS/AS EN CENTROS DISTINTOS, CUBRIRASE UNHA FICHA DIFERENCIADA POR CENTRO

 

Coa finalidade de determinar o colectivo de persoas que actualmente carecen de transporte escolar, prégolle que responda as seguintes cuestións, marcando a opción que proceda:

1.   Centro educativo do que é usuario:

IES Ames                 CEIP A Maía                   CEIP Agro do Muíño              CEIP de Barouta

 

2.   Éusuario do servizo de transporte escolar:     Si               Non

En caso negativo, o seu domicilio está situado: 

Fóra do núcleo urbano de Bertamiráns

A unha distancia de máis de 2 Qm do centro educativo.

 A unha distancia de entre 1 e 2 Qm do centro educativo.

 A unha distancia inferior a 1 Qm do centro educativo.

 

 

3.   En relación á iniciativa exposta sobre o transporte escolar, marcar o que considere:

   Dou o meu apoio para solicitar á Administración educativa,a través da ANPA do centro, que estenda o servizo de transporte escolar a todo o alumnadoque así o demande e viva a unha distancia inferior a 2 Qm do centro educativo, creando as prazas de transporte que sexan necesarias de acordo coa demanda resultante.

   Dou o meu apoio para solicitar á/s Administración/s competentes, a través da ANPA do centro, as melloras de seguridade viaria que se acorden procedentes coa finalidade de minimizar o máximo posible o risco actualmente existente no tramo da estrada que afecta á zona escolar na que se ubican o IES  de Ames e o CEIP A Maía.

 

Bertamiráns, _____ defebreiro de 2015

Nome e apelidos do alumno/a:_____________________________________________________________________

Curso:_____________________

Nome e apelidos do pai/nai/titor/a:_________________________________________________________________

DNI do pai/nai/titor/a:______________________________

 

 

 

 

Sinatura do pai/nai/titor/a:_________________________________________________________________________

Esta ficha cuberta e asinada deberá remitila á ANPA do seu centro educativo

Conforme a Lei Orgánica 15/1999, apersoa solicitante consinte, de xeito expreso, o tratamento dos datos aportados neste formulario, para os fins indicados. O titular, se o desexa, pode exercer sobre os mesmos osdereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación, de acordo coa lexislaciónvixente en materia de protección de datos de carácter persoal, dirixíndose á ANPA do centro educativo ao que pertenza de Ames.