Información para as nais e pais de nov@s alumn@s

INFORMACIÓN PARA AS NAIS E PAIS DE NOV@S ALUMN@S

Dende A ANPA queremos darvos a benvida ao CEIP A Maía agardando que se cumpran as vosas expectativas neste Centro.

Como naies e pais que fomos/somos de nov@s alumn@s, sabemos que é un período de adaptación tanto para @s nen@s como para vos, e gustaríanos poñernos á vosa disposición e achegarvos algo de información que pode servos útil nestes momentos.

Toda a información que vos imos achegar baséase no acontecido nos últimos anos, e pode sufrir lixeiras modificacións por parte da Consellería de Educación ou do Concello.

Inicio da escolarización na etapa infantil:

En primeiro lugar, o centro convidaravos a unha reunión para explicarvos polo miúdo como será o inicio d@s vos@s fill2s na etapa infantil. Entre outras cousas explicaranvos o funcionamento do período de adaptación para os nenos que empezan no grupo de 3 anos (A Consellería de Educación publica no DOG cada ano o calendario escolar e a duración deste período). Dado que durante a fase de adaptación@s nen@s empezarán a vir ao cole en grupos pequenos e en horario reducido é preciso que contedes cunha persoa, ou coloquedes as vacacións durante o mes de setembro xa que o neno ou nena non acudirá en xornada completa.

Actividades e servizos complementarios:

Queremos informarvos ademais, das actividades e servizos complementarios cos que podedes contar e que vos poden facilitar a conciliación da vida laboral e familiar.

Por parte da ANPA ofertamos:

  • actividades extraescolares en horario de tarde, que no curso escolar 2013/2014 foron: Informática, English I, English II, Reforzo Inglés, Patinaxe, Iniciación á natación e Renovación piscina.

  • Cursos Aprendizaxe Ábaco Xaponés

Durante o mes de setembre enviarase, nas mochilas d@s nen@s, información aos pais e nais coas actividades programadas para o curso 2014/2015 e a folla de inscrición da ANPA por se estades interesados en facervos socios. Tamen dispoñedes de folla inscrición que podedes descargar na nosa páxina web e/ou inscribirse directamente pola web.

Formas de contacto coa ANPA:

*Teléfono: 696.482.275; e-mail: anpavaldamaia@gmail.com; www.anpa-maia.es

*Dispoñemos tamén de dous buzóns a carón das portas de ambos edificios para suxestións e deixar a documentación que precisedes que chegue ata nos.

Por parte do Concello de Ames:

  • Durante o período escolar: Bos días cole (dende as 7:30 da mañá ata o inicio da xornada escolar); Comedor (dende o remate da xornada escolar ata as 16:30) e Tardes divertidas (Dende as 16:30 da tarde ata as 21:00).

OLLO: Os nenos e nenas que empezan no grupo de 3 anos normalmente non poden asistir aos servizos complementarios do Concello ata que remate o período de adaptación.

  • Nas vacacións escolares: Nadal lúdico, Primavera lúdica, Xuño lúdico, Escolas de Verán, e Setembro lúdico. (Co mesmo horario que o curso escolar).

Na oficina de educación, situada no Pazo da Peregrina, poderán informarvos con detalle das condicións e dos prazos para matricularse nestes servizos. Estade atentos tamén á páxina web do Concello (http://www.concellodeames.org) pois publican os avisos de apertura dos prazos de inscrición.

Transporte escolar:

O Centro conta tamén con seis liñas de autobuses para o transporte escolar, nos que vai un acompañante atendendo aos nenos. Os nenos de infantil son acompañados dende o autobús ata o edificio de infantil, onde os recollen os profesores de garda, e o mesmo á saída. A Dirección do Centro poderavos informar con detalle de todo o relacionado co transporte escolar.

Os nenos e nenas que empezan no grupo de 3 anos normalmente non poden utilizar o transporte escolar ata que remate o período de adaptación.

Indicarvos que, ao igual que ocorre no transporte escolar, existe unha cadea de custodia dos nenos de infantil que acoden a todos estes servizos, dende “bos días cole” son acompañados polas monitoras onda o seu profesor ou profesora, e así mesmo, son recollidos polos monitores no edificio de infantil e son acompañados ata o comedor. O mesmo pasa coas actividades extraescolares da ANPA, nas que tamén hai unha cadea de custodia d@s nen@s que asisten dende o comedor ou dende tardes divertidas (Deberedes informar aos monitores do comedor/tardes e asinarlles unha autorización, teñen eles os modelos, para que entreguen os nenos aos monitores das actividades).

Agardamos que esta información vos sexa útil. Saúdos e benvid@s,

A xunta directiva da ANPA CEIP A Maía

Listas “APRENDIZAXE DO ÁBACO”

Comunicámosvos a saída das listas para a actividade “aprendizaxe do ábaco”.

Próximamente enviaremos un correo electrónico coa confirmación da praza d@s vos@s fill@s.

Tamén podedes consultar a listaxe no colexio, ou tamén podedes consultarnos vía teléfono ou email.

Grazas a tod@s! 🙂

OLLOS DE AULA Nº 12

OLLOS DE AULA Nº 12

A revista para as familias do alumnado

Seguindo o intento de tervos informad@s, amosamos a edición nº 12 de OLLOS DE AULA.Esperamos que sexa do voso interese:

 

 

Última hora !!!!!

Dende a Anpa,
Comunicarvos a orde recibida por parte da Conselleria de Educación de suspender toda actividade extraescolar impartida ó aire libre para esta tarde debido ó temporal previsto.
Por tanto,dia 6 DE FEBREIRO DO 2014 queda suspendida a actividade de PATINAXE. 
Un saúdo,
A Directiva

Información ALUMN@S PATINAXE: Pista de Xeo

Dende a Anpa, gustarianos comunicar a seguinte actividade de Actex:

 

“Dende ACTEX temos o pracer de convocar a todos os alumnos de patinaxe para unha saída á pista de xeo de Santiago de Compostela, situada na Alameda.

A data será o XOVES 30 DE XANEIRO ás 19.00 horas. Cada pai/nai terá que levar ata a pista aos seus fillos/as e axudalos a poñer os patíns. Alí estarán as monitoras de patinaxe que os acompañarán durante a hora que temos solicitada de pista.

O custo da actividade é de 4.00 €/alumno (prezo especial por grupo), que se abonarán ese mesmo día. Necesitamos que nos confirmedes a asistencia ben por mail á dirección santiago@actex.es ou por teléfono ao 666 582 190, antes do MARTES 28 de xaneiro .

Esperamos que vos animedes, xa que para os nenos/as vai a ser toda unha experiencia moi divertida.

Aproveitamos esta ocasión para enviarvos un saúdo.”

image004

Esperamos que @s nen@s se divirtan.

Un saúdo!

A Directiva.

 

Enlaces a contidos educativos

– Enlace web Ceip A Maia: WEB CEIP A MAIA

– Blog da Biblioteca:

http://biblioceipamaia.blogspot.com.es

– Blogs de INFANTIL:

http://infantilamaia5.blogspot.com.es/   (de 3 anos)

http://infantilamaia3.blogspot.com.es/    (de 4 anos)

http://infantilamaia9.blogspot.com.es/   (de 5 anos)

http://infantilamaiaaula8.blogspot.com.es/

http://infantilamaia1.blogspot.com.es/

 – Blog de sexto de primaria:

http://ceipamaia.blogspot.com.es/

InnovArte Educación Infantil Español :

http://innovarteinfantilesp.wordpress.com/


Programa Abalar. Enlace a páxinas educativas.

 

  • Páxinas educativas de inglés.

REVISTA “OLLOS DE AULA”

  • Proxecto Pequepaisaxes – ¿QUÉ É A PAISAXE?
(Iniciativa da Fundación Galicia Sustentable en colaboración coa Anpa)