IMPORTANTE: Convocatoria de folga, paros e establecemento de servizos mínimos para o día 08/03/2018

Convocatoria de folga, paros e establecemento de servizos mínimos para o día 08/03/2018

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2018-2019 E XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

 

 

CHARLA INFORMATIVA PARA NAIS, PAIS, FAMILIAS: ACOSO E PERIGOS DE INTERNET – 30 de xaneiro ás 19:00h na biblioteca do centro

Boas a todxs!

Facémosvos chegar o seguinte comunicado: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/?q=node/616

 

“Estimadas nais, pais, familias

O próximo martes 30 de xaneiro ás 19:00h, e coincidindo co día internacional da paz e a no violencia, realizarase na biblioteca do centro unha charla sobre temáticas tan vixentes e preocupantes como o acoso escolar e os riscos de internet. Esta charla está dirixida a vós e será  impartida por un membro dos corpos de seguridade especializado nestas temáticas.

En xeral darásevos información sobre as consecuencias do acoso escolar en quen o padece, así como da responsabilidade de todos de denuncialo e combatelo; sobre a prevención dos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais e, especialmente, os relacionados coa súa utilización para a realización de condutas de acoso escolar, acoso sexual, tamén chamado ” childgrooming”, ou a difusión de contidos de natureza sexual por medio de teléfonos móbiles, coñecida como “sexting”.

Como sabemos que son temas que nos e vos preocupan esperamos contar coa vosa presenza.

Un saúdo

Isabel Abelleira Bardanca

DIRECTORA”

 

GRAZAS!   🙂

 

 

Comunicado GARDAS DE BIBLIOTECA

Ola, moi boas!
Como xa sabedes, os luns é a Anpa quen se encarga de facer as gardas de biblioteca no colexio, durante o horario de titorías, de 16:30 a 17:30.
Necesitamos que vos animedes a colaborar con este servizo.
Neste momento só estamos 4 persoas encargándonos del, o que fai que teñamos un día ao mes destinado á garda de biblio.
Canta máis xente se apunte máis levadeiro é,  xa que o curso pasado só tocaba a un luns por trimestre a cada un,  sendo 8 persoas.
Só hai que estar alí tendo conta de que non haxa destrozos e que os rapaces volvan deixar os libros no seu lugar.
Non é complicado. Animádevos, por favor!!
Senón imos ter que deixalo e é unha pena perder esta colaboración co colexio, xusto agora que estamos poñendo en funcionamento a liña de lecturas para pais e nais.
Esperamos a vosa resposta.
Un saúdo 🙂

Comunicado RECIBOS DE EXTRAESCOLARES

Ola, moi boas!
Este mes de novembro pasarán os recibos das actividades extraescolares correspondentes ao mes de outubro e novembro, xa que nos foi imposible pasar o correspondente a outubro dentro do plazo correcto.
A partir do mes seguinte pasarán de un en un, entre o día 10-15 do mes en curso.
Sentimos as molestias que poidamos ocasionar por non haber avisado antes.
Calquera dúbida poñédevos en contacto con nós, preferiblemente a través do correo electrónico, posto que o teléfono non sempre o podemos atender.
Grazas. Un saúdo!

Biblioteca para Nais e Pais

Biblioteca para pais-nais ceip a maia