May 23

Comunicado: Asemblea luns 25 ás 16.30 h

ATENCIÓN:

Recordade que este luns 25 ás 16.30 h. (en primeira convocatoria) e as 17.00 h. (segunda convocatoria) temos ASEMBLEA, aberta aos socios e aos non socios tamén.

Falaremos do traballo desenvolvido pola directiva neste Curso, informaremos do Estado de Contas, do asunto Reválidas (información, follas pra asinar o rexeitamento..) e tamén resolveremos tódalas vosas dúbidas con respecto ás novas actividades extraescolares.

Colabora connosco o centro OS BIOSBARDOS, onde poderedes deixar aos vosos pequen@s no tempo que dure a Asemblea.

SOCIOS: Imprescindible presentar o carnet de socio

¡ESPERÁMOSVOS!!!