Mar 10

Actividades lúdicas en horario lectivo

Bo día a todos e todas,

Dende esta directiva queremos comunicarvos que o martes 24 de febreiro os rapaces e rapazas de cuarto de primaria tiveron un obradoiro de reciclaxe de papel moi interesante, a cargo de Adega (Asociación pra defensa ecolóxica de Galiza), no que, ao longo de hora e media,estiveron do mais entretidos, aparte do valor da aprendizaxe inculcada aos cativ@s con esta actividade.

O mércores 25 repetiuse a iniciativa, esta vez co alumnado de segundo de primaria, tamén cunha duración de hora e media e con outro obradoiro relacionado coa reciclaxe de materiais.

Finalmente, a semá pasada, concretamente os días 4, 5 e 6 de marzo, tocoulle aos alumn@s de terceiro de primaria, esta vez cunha saída á Aula de Natureza (situada na parroquia de Ameixenda) na que puxeron en práctica a súa habilidade pra confeccionar veas, aproveitando a cercanía coa festividade de Semá Santa (primeira semá de abril).

Culmina así este segundo trimestre con tódalas actividades programadas para o primeiro e segundo ciclo de primaria, por parte da Anpa e coa colaboración da dirección e profesorado implicado do colexio.

No primeiro trimestre, tocoulles aos alumnos de sexto de infantil e primeiro de primaria coa visita dos médicos do Hospital dos Osiños, que fixeron a ledicia de tódolos pequen@s en dous días consecutivos.

Neste senso, queremos trasladarvos a nosa satisfacción por esta iniciativa colaboradora entre Anpa e Colexio para a realización de actividades lúdicas en horario lectivo, que puxemos en práctica ao inicio deste curso escolar e esperamos continúe no que queda do mesmo, e nos sucesivos dos que formemos parte. É unha aposta e obxetivo polo que traballamos a reo, e do que esperamos vaia in crescendo a medio e longo prazo.

Xunta Directiva Anpa Ceip A Maía

Directiva Anpa Ceip A Maía

Avda da Peregrina 37
15220 Bertamiráns – Ames
Tfno: 696.482.275