ENTREVISTA CO XEFE TERRITORIAL DE EDUCACIÓN

O pasado luns 1 de decembro a directora do Ceip A Maía, Rosalía Avilés, e unha delegación da Anpa, composta por tres membros da súa Xunta Direc­tiva, desprazáronse ata a cidade de A Coruña para manter unha entrevista co titular da Xefatura Territorial de Educación, señor Indalecio Cabana.

A finalidade da reunión era informar á autoridade competente acerca das principais deficiencias construtivas que presenta o noso centro e solicitar solucións.

Deseguido, expoñemos os puntos que se trataron e algunhas das propostas que se barallaron:

 

  1. a) Ximnasio de primaria: presenta importantes filtracións de auga.

As intervencións necesarias definiranse unha vez determinada a orixe (ou orixes) das mesmas.

  1. b) Xunta de dilatación: a solución que se propoña dependerá, igualmente, da previa observación in situ da estrutura.
  2. c) Pista de infantil: proponse a colocación dun teito de aluminio ancorado á estrutura xa existente (corredor anexo á aula de inglés), de xeito que a pista quede libre de columnas e se poida, ao mesmo tempo, aumentar o espazo cuberto de que dispón o alumnado de infantil.
  3. d) Rampla de infantil: proponse igualmente a colocación dunha cuberta de aluminio.
  4. e) Pista polideportiva: proponse o peche do fondo e do lateral que dá ao edificio de primaria. Ata unha altura aproximada dun metro e medio, as paredes faríanse de bloque.

Orde de prioridades: A execución das obras realizaríase na mesma secuencia que os puntos arriba mencionados (é dicir, comezando polo ximnasio de primaria e rematando pola pista polideportiva, se ben pode haber cambios en función da dispoñibilidade de cartos).

Medios comprometidos: O señor Cabana comprometeuse oralmente a que a Xefatura Territorial realice, no presente curso 2014-2015, unha inversión mínima de 20.000 euros, destinada á execución das obras xa referidas.

Prazo de execución: as obras deben polo menos iniciarse durante o presente curso escolar 2014-2015.

Consideramos que este marco de acordo é un bo inicio. Agora corresponde a TOD@S OS PAIS E NAIS que teñen os seus fillos e fillas no noso centro velar pola súa materialización.

 

Material adxunto