Comunicado: Gardas Biblioteca

imaxe_gardas_biblio

COMUNICAMOS

a todos os pais e nais do alumnado que A Biblioteca Escolar do CEIP A MAIA permanecerá aberta ao alumnado os luns pola tarde durante a hora de titorías –é dicir, de 16.30 a 17.30–, atendida por voluntarios e voluntarias da ANPA do Centro**.

Estas persoas velarán polo bo uso das instalacións, correspondendo aos usuarios indicar aos seus fillos e fillas que permanezan no recinto da biblioteca ata o momento de ser recollidos.

Igualmente, prégase aos pais e nais que indiquen a que titoría acoden, para a eventualidade de que a súa presenza puidese ser requerida.

**Se alguén desexa colaborar no equipo de gardas, pode comunicalo a través do correo electrónico da asociación (anpavaldamaia@gmail.com).