Sep 05

Actualización información sobre o servizo de comedores escolares

Adxuntamos o novo comunicado do Concello:

“Bos días.

En relación co servizo de comedores escolares, comunícolle que o concello resolveu no día de hoxe a contratación da empresa que garantirá a continuidade do servizo de monitoraxe da rede de comedores escolares a partir do día 10 de setembro.

 A empresa que prestará o servizo, en tanto que non se remate o novo proceso de licitación, será A Billarda S.L., que o fará en igualdade de condicións que se viña facendo, e garantindo a continuidade do persoal que viña traballando no servizo.

 Agardando que esta información sexa do seu interese, reciba un cordial saúdo.

Ames, a 4 de setembro de 2014

Santiago V. Amor Barreiro.

Alcalde.”

 

Saúdos.