Sep 04

Información sobre o Servizo de Comedores Escolares

Boas.

Dende a ANPA queremos facervos chegar a información que vaimos recibindo con respeito á contratación do servizo de comedores escolares de Ames.

Adxuntamos a notificación que nos chega dende o Concello:

“Bos días.

En relación á información aparecida nos medios de comunicación nos últimos días relacionado con Servizo de Comedores Escolares, infórmase do seguinte:

As dúas empresas que se presentaron a este proceso comunicaron a súa renuncia a adxudicación do servizo.

O motivo principal esgrimido por as dúas empresas é o conflito laboral sostido pola anterior adxudicataria cos seus traballadores, sobre o que recaeu sentencia xudicial que recoñece un incremento salarial próximo aos 100 € á maior parte dos monitores, incremento que non figuraba no tipo de licitación. Cómpre lembrar que o procedemento de licitación está suxeito polo seu importe a prazos de tramitación especiais, por ser susceptible de recurso especial en materia de contratación.

No momento actual estase a traballar para que o servizo comece a prestarse desde o día 10 de setembro, para o que será asinado un contrato administrativo.

Asemade nos vindeiros días dará comezo un novo procedemento de licitación, que incorporará a circunstancia acaecida no marco da anterior tramitación, derivada do conflito existente entre a anterior prestadora e os seus traballadores.

Agardando que esta información sexa do seu interese,

Reciba un cordial saúdo

Santiago V. Amor Barreiro.”

POSTURA DA ANPA AO RESPECTO

Expresar o noso malestar e total disconformidade coa solución adoptada polo Goberno de Ames na concesión do servizo de monitoraxe dos comedores escolares.
Expresamos as nosas reivindicacións a través do seguinte documento:

2014-09-04 Escrito Anpas- Comedores Escolares

Iremos actualizando a información a través da web co fin de mantervos informadas e informados en todo momento.

Saúdos!