Benvida ao curso 2019 / 2020

Estimadas Familias:

Desde o ANPA queremos darvos a benvida a un novo curso escolar no CEIP A MAIA , á vez que vos lembramos que estamos á vosa disposición para resolver dúbidas e axudarvos no que podamos en beneficio da mellor educación dos nosos fillos/ as. (Recomendámosvos que realicedes as consultas preferentemente a través de whatsapp e correo-e).

Información de interese:

Alta de socio/a da ANPA

Deixaremos follas de inscrición na conserxería do colexio para os/as que queiran facerse socios
da ANPA. Estas follas tamén estarán dispoñibles aquí mesmo, na nosa web. Animámosvos a facervos socios/as, xa que isto nos permitirá ser mais fortes, plurais e representativos.

Alta en actividades

Achegámosvos información sobre as actividades previstas para este ano e folla para darse de
alta nas mesmas. Esta información tamén está dispoñible a continuación.
Non é necesario ser socio da ANPA para poder anotarse ás actividades, pero as familias que non
sexan socias terán que pagar un importe maior polas actividades (30% de incremento).
De producirse algunha discrepancia entre a ficha de alta ou o cadro de actividades que
achegamos e as que figuren na nosa web, lembrade que a web sempre estará máis actualizada.
Tede en conta que algunhas actividades poden cambiar de localización (debido ás obras do novo
comedor, cambio de sitio de biblioteca, etc) e, en xeral, están supeditadas a que se forme grupo nos horarios previstos.

Actividades extraescolares 2019 / 2020:

Guía de axuda para nais e pais:

Estatutos:

Saúdos, e benvidxs ao novo curso 🙂

Directiva Anpa Ceip A Maía

Avenidada da Peregrina, 37 15220 Bertamiráns – Ames

Tfno: 696.482.275

Email: anpaceipamaia.ames@gmail.com

Web: www.anpa-maia.es