Nov 14

Comunicado GARDAS DE BIBLIOTECA

Ola, moi boas!
Como xa sabedes, os luns é a Anpa quen se encarga de facer as gardas de biblioteca no colexio, durante o horario de titorías, de 16:30 a 17:30.
Necesitamos que vos animedes a colaborar con este servizo.
Neste momento só estamos 4 persoas encargándonos del, o que fai que teñamos un día ao mes destinado á garda de biblio.
Canta máis xente se apunte máis levadeiro é,  xa que o curso pasado só tocaba a un luns por trimestre a cada un,  sendo 8 persoas.
Só hai que estar alí tendo conta de que non haxa destrozos e que os rapaces volvan deixar os libros no seu lugar.
Non é complicado. Animádevos, por favor!!
Senón imos ter que deixalo e é unha pena perder esta colaboración co colexio, xusto agora que estamos poñendo en funcionamento a liña de lecturas para pais e nais.
Esperamos a vosa resposta.
Un saúdo 🙂