Mar 21

Importante: QUEDA SUSPENDIDO TRANSPORTE ESCOLAR

​Moi boas a tod@s!
Temos a ben notificar do recente aviso dunha alerta meteorolóxica​ de nivel laranxa por neve para os días 22 e 23 de marzo (mércores e xoves), que fai que a Comisión Escolar de Alertas acorde a suspensión do transporte escolar entre as 12h. do mércores 22 e as 12h. do xoves 23.
Esto supón que mañá haberá transporte escolar pola mañá recollendo aos nen@s nas paradas para leval@s ao colexio, pero non contaremos co seu funcionamento ao mediodía para traelos de volta ás súas casas. O xoves sucederá o contrario, non haberá transporte pola mañá, pero sí ao mediodía.
Un saúdo
A directiva da Anpa do Ceip A Maía