Feb 18

Comunicado: Luns 22 Febreiro 2016 – proba para reorganizar o tráfico viario

Estimadas familias, nais e pais

O Concello de Ames realizará o LUNS 22 DE FEBREIRO unha segunda proba temporal para reorganizar o tráfico viario e mellorar a seguridade peonil na contorna do CEIP A Maía e o IES de Ames en Bertamiráns.

Con este motivo, realizaranse as seguintes actuacións puntuais para a súa información:

1. Habilatarase unha beirarrúa provisional, na actual dársena de autobuses escolares, quedando simplemente unha fila de autobuses na parada actual.
2. Habilitarase unha dársena provisional de autobuses, situada entre as dúas portas de entrada ao recinto do CEIP A Maía. Todos os nenos e nenas que viaxan nos autobuses con números 1, 2 e 3 (na nova dársena) entrarán ao colexio, como xa é habitual, pola porta de acceso principal.
3. Impedirase temporalmente o aparcamento en batería de vehículos particulares nnova dársena do CEIP A Maía (uns 45 metros) e habilitaranse prazas temporais para discapacitados e comedor escolar.
4. Reforzarase a presenza da policía local durante a xornada de proba.

Finalmente, recoméndase o uso do aparcadoiro do pavillón polideportivo para os vehículos particulares, para evitar atascos nas zonas de entrada aos centros escolares.
Agradecemos a súa colaboración e agardamos que esta nova proba sexa de utilidade para mellorar a seguridade viaria nos centros escolares o antes posible.